lunes, 13 de noviembre de 2017



O FORO FEMINISTA FALANDO NÓS EXIXE A RETIRADA INMEDIATA DA CAMPAÑA QUE PRESENTOU O GOBERNO DA XUNTA PARA CONMEMORAR O 25N COMO DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Victoria Diéguez “o que nos está matando é, precisamente, esta falta total de intención de afrontar o problema da violencia machista máis alá de denuncialo publicamente, de un xeito denigrante ademáis, ou facer minutos de silencio o pe dos edificios institucionais”
                                                                 
(Ourense 13 de novembro de 2017) Dende o Foro Feminista Falando Nós, esiximos a retirada d “campaña” presentada pola Xunta de Galicia para conmerar un día de reivindicación contra a Violencia que se exerce contra as Mulleres. A “campaña” apóiase nun cartaz digno de toda crítica, onde se conmina a poboación a que debe protexer ás mulleres por ser o máis grande de Galicia, nun formato que ben recorda á publicidade de xoguetes onde o obxecto anunciado carece de entidade mais aló da súa exposición para disfrute de quen o anhela.

Nesta imaxe amósanse mulleres en actitude pasiva, mostrándose cara o  ollo de quen mira, e cosificadas xunto a elementos arquitectónicos que caracterizan alguna das cidades da nosa comunidade. De novo facendo fincapé na vítima e nunca no maltratador.

Unha vez máis o Goberno do PP reafírmarse na súa inexistente intención de formarse, e formar, en materia de violencia contra as mulleres e en feminismo, mostrando una rancia ignorancia, e recollendo todos os estereotipos que o feminismo quere eliminar da conceptuación da identidade feminina, que nos situou onde estamos: ano 2017 con 67 mulleres asasinadas, segundo as estatísticas das Asociacións de mulleres.

 “Dende o  Foro Feminista Falando Nós, consideramos  que verdadeiramente o que nos está matando é, precisamente, esta falta total de intención de afrontar o problema da violencia machista máis alá de denuncialo publicamente, de un xeito denigrante ademáis, ou facer minutos de silencio o pe dos edificios institucionais”, manifestaba Victoria Diéguez, presidenta do Foro.

Por outra banda, a falta de coñecemento da posición que ocupamos as mulleres na nosa sociedade, e do modo en cómo o ocupamos, é dende logo, unha das causas de que aínda nos extrañe que en plena era dixital as mulleres sigan morrendo incluso cando xa alertaran ao sistema xudicial do que lles está pasando . Todo isto a pesares das tantas “inversións” institucionais que se supoñen , partidas orzamentadas, servizos de atención as victimas, cursos de formación, etc…

“Non, non nos debe de extrañar, porque, se este é o xeito que ten o noso goberno de educar a sociedade,  é certo que a regresión non é unha falacia feminista, como se dí, se non que é unha mortal realidade. 13 anos despois dunha lei que conceptuou a violencia contra as mulleres como un problema de estado, foron  asasinadas 68 mulleres e 8 crianzas a mans dos asasinos cos que convivían así como 22 crianzas que quedan orfas”, sentenciou a presidenta.

Grazas Xunta, con campañas como esta, o problema está resolto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario