Dende
a ASOCIACION FEMINISTA DE MULLERES “FALANDO NOS”, QUEREMOS EXPRESAR O NOSO
TOTAL REXEITAMENTO ao programa de actividades que a Concellería de Igualdade ten
previsto para conmemorar o día 8 de marzo, DIA INTERNCIONAL DA MULLER
TRABAJALLADORA, esquecendo de novo a verdadeira problemática que estamos a vivir
as mulleres na actualidade, e ademais condenándonos outra vez a arrastrar o
estereotipo de muller responsable única dos coidados familiares.
Por unha banda a concesión do
undécimo premio Clara Campoamor a un home consideramos que é un desacerto total,
sen entrar a valorar os méritos profesionais desta figura, cremos que este
premio creouse precisamente para recuperar e visibilizar figuras de mulleres
que lembren que as mulleres tamén existimos e que sirvan de modelo para a nosa
infancia na proxección dos seus sonos de futuro. O nomeamento dun home para
este premio esquece o que realmente está pasando coas mulleres nestes intres,
no que estamos a sufrir o maior retroceso nos dereitos fundamentais como
persoas que se ten experimentado en moitos anos, e co que comprobamos que a
desigualdade crece e cada vez acentuase máis como queda demostrado nos
asasinatos de 16 mulleres no que levamos de ano e o incremento dos estereotipos
do machismo e patriarcado que se atopan na sociedade, e na consolidación da
brecha salarial entre homes e mulleres.
E por outra consideramos que o
programa presentado pola citada Concellería para a celebración do día 8 de
marzo “Día Internacional da muller traballadora” é un programa que carece do máis mínimo
fundamento para representar a situación da muller traballadora, pois en lugar de facer mención a feitos como que as
mulleres gañamos un 20 % menos que os homes, que a maior porcentaxe de paro é
feminino, que os contratos das mulleres son maioritariamente a tempo parcial e
de corta duración, a falta de medidas para a conciliación laboral e familiar,
que a pobreza cébase especialmente coas mulleres que viven soas e con familiares
e fillos ao seu cargo, o que fai é organizar actividades lúdico deportivas que
nada fan por representar a realidade discriminatoria que estamos a vivir, nunha
evidente estratexia de despiste para obviar o que de verdade pasa e que tras séculos
de loita seguimos sendo cidadáns de segunda, e que as políticas de recortes do
goberno do PP están a eliminar dos orzamentos municipais e estatais os
programas de prevención da violencia de xénero e axuda a mulleres vítimas de
violencia.
O deporte esta ben, pero non é
este o momento de reivindicalo como unha estratexia ou recurso de empoderamento
das mulleres, e será unha ferramenta que non servirá de
nada se non temos unhas garantías de poder ser nos, de poder saír a rúa en
liberdade, sen medo a morrer ou a ser violadas, de ter un traballo digno, as
mulleres continuamos na desigualdade.
Ourense, 8 de marzo de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario