O FORO FEMINISTA FALANDO NÓS EXIXE A RETIRADA INMEDIATA DA CAMPAÑA QUE
PRESENTOU O GOBERNO DA XUNTA PARA CONMEMORAR O 25N COMO DÍA DA ELIMINACIÓN DA
VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Victoria Diéguez “o que nos está
matando é, precisamente, esta falta total de intención de afrontar o problema
da violencia machista máis alá de denuncialo publicamente, de un xeito
denigrante ademáis, ou facer minutos de silencio o pe dos edificios institucionais”
(Ourense 13 de novembro de 2017) Dende o Foro Feminista Falando
Nós, esiximos a retirada d “campaña” presentada pola Xunta de Galicia para
conmerar un día de reivindicación contra a Violencia que se exerce contra as
Mulleres. A “campaña” apóiase nun cartaz digno de toda crítica, onde se conmina
a poboación a que debe protexer ás mulleres por ser o máis grande de Galicia,
nun formato que ben recorda á publicidade de xoguetes onde o obxecto anunciado
carece de entidade mais aló da súa exposición para disfrute de quen o anhela.
Nesta imaxe amósanse mulleres en
actitude pasiva, mostrándose cara o ollo
de quen mira, e cosificadas xunto a
elementos arquitectónicos que caracterizan alguna das cidades da nosa
comunidade. De novo facendo fincapé na vítima e nunca no maltratador.
Unha vez máis o Goberno do PP reafírmarse
na súa inexistente intención de formarse, e formar, en materia de violencia
contra as mulleres e en feminismo, mostrando una rancia ignorancia, e
recollendo todos os estereotipos que o feminismo quere eliminar da
conceptuación da identidade feminina, que nos situou onde estamos: ano 2017 con 67 mulleres asasinadas,
segundo as estatísticas das Asociacións de mulleres.
“Dende o
Foro Feminista Falando Nós, consideramos que verdadeiramente o que nos está matando é,
precisamente, esta falta total de intención de afrontar o problema da violencia
machista máis alá de denuncialo publicamente, de un xeito denigrante ademáis,
ou facer minutos de silencio o pe dos edificios institucionais”, manifestaba
Victoria Diéguez, presidenta do Foro.
Por outra banda, a falta de
coñecemento da posición que ocupamos as mulleres na nosa sociedade, e do modo en
cómo o ocupamos, é dende logo, unha das causas de que aínda nos extrañe que en plena
era dixital as mulleres sigan morrendo incluso cando xa alertaran ao sistema
xudicial do que lles está pasando . Todo
isto a pesares das tantas “inversións” institucionais que se supoñen , partidas
orzamentadas, servizos de atención as victimas, cursos de formación, etc…
“Non, non nos debe de extrañar,
porque, se este é o xeito que ten o noso goberno de educar a sociedade, é certo que a regresión non é unha falacia
feminista, como se dí, se non que é unha mortal realidade. 13 anos despois
dunha lei que conceptuou a violencia contra as mulleres como un problema de
estado, foron asasinadas 68 mulleres e 8
crianzas a mans dos asasinos cos que convivían así como 22 crianzas que quedan
orfas”, sentenciou a presidenta.
Grazas Xunta, con campañas como
esta, o problema está resolto.