sábado, 25 de noviembre de 2017

25 NOVEMBRO - DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


A violencia machistas que estamos padecendo é unha vulneración dos dereitos humanos das mulleres e afecta a toda a sociedade,  sendo o factor máis visible  o asasinato de mulleres, máis non debemos esquecer que existen outras formas de violencia machista: verbal, psicolóxíca, económica, social, xinecolóxica, institucional.....todas elas son causa do patriarcado e a falta de educación en igualdade.
O Foro Feministsa Falando Nos rexeita toda a VIOLENCIA MACHISTA .
QUEREMONOS VIVAS!


lunes, 13 de noviembre de 2017



O FORO FEMINISTA FALANDO NÓS EXIXE A RETIRADA INMEDIATA DA CAMPAÑA QUE PRESENTOU O GOBERNO DA XUNTA PARA CONMEMORAR O 25N COMO DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Victoria Diéguez “o que nos está matando é, precisamente, esta falta total de intención de afrontar o problema da violencia machista máis alá de denuncialo publicamente, de un xeito denigrante ademáis, ou facer minutos de silencio o pe dos edificios institucionais”
                                                                 
(Ourense 13 de novembro de 2017) Dende o Foro Feminista Falando Nós, esiximos a retirada d “campaña” presentada pola Xunta de Galicia para conmerar un día de reivindicación contra a Violencia que se exerce contra as Mulleres. A “campaña” apóiase nun cartaz digno de toda crítica, onde se conmina a poboación a que debe protexer ás mulleres por ser o máis grande de Galicia, nun formato que ben recorda á publicidade de xoguetes onde o obxecto anunciado carece de entidade mais aló da súa exposición para disfrute de quen o anhela.

Nesta imaxe amósanse mulleres en actitude pasiva, mostrándose cara o  ollo de quen mira, e cosificadas xunto a elementos arquitectónicos que caracterizan alguna das cidades da nosa comunidade. De novo facendo fincapé na vítima e nunca no maltratador.

Unha vez máis o Goberno do PP reafírmarse na súa inexistente intención de formarse, e formar, en materia de violencia contra as mulleres e en feminismo, mostrando una rancia ignorancia, e recollendo todos os estereotipos que o feminismo quere eliminar da conceptuación da identidade feminina, que nos situou onde estamos: ano 2017 con 67 mulleres asasinadas, segundo as estatísticas das Asociacións de mulleres.

 “Dende o  Foro Feminista Falando Nós, consideramos  que verdadeiramente o que nos está matando é, precisamente, esta falta total de intención de afrontar o problema da violencia machista máis alá de denuncialo publicamente, de un xeito denigrante ademáis, ou facer minutos de silencio o pe dos edificios institucionais”, manifestaba Victoria Diéguez, presidenta do Foro.

Por outra banda, a falta de coñecemento da posición que ocupamos as mulleres na nosa sociedade, e do modo en cómo o ocupamos, é dende logo, unha das causas de que aínda nos extrañe que en plena era dixital as mulleres sigan morrendo incluso cando xa alertaran ao sistema xudicial do que lles está pasando . Todo isto a pesares das tantas “inversións” institucionais que se supoñen , partidas orzamentadas, servizos de atención as victimas, cursos de formación, etc…

“Non, non nos debe de extrañar, porque, se este é o xeito que ten o noso goberno de educar a sociedade,  é certo que a regresión non é unha falacia feminista, como se dí, se non que é unha mortal realidade. 13 anos despois dunha lei que conceptuou a violencia contra as mulleres como un problema de estado, foron  asasinadas 68 mulleres e 8 crianzas a mans dos asasinos cos que convivían así como 22 crianzas que quedan orfas”, sentenciou a presidenta.

Grazas Xunta, con campañas como esta, o problema está resolto.

martes, 7 de marzo de 2017

DECLARACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES DO 8 MARZO NO CONCELLO DE OURENSE





      Dende a ASOCIACION FEMINISTA DE MULLERES “FALANDO NOS”, QUEREMOS EXPRESAR O NOSO TOTAL REXEITAMENTO ao programa de actividades que a Concellería de Igualdade ten previsto para conmemorar o día 8 de marzo, DIA INTERNCIONAL DA MULLER TRABAJALLADORA, esquecendo de novo a verdadeira problemática que estamos a vivir as mulleres na actualidade, e ademais condenándonos outra vez a arrastrar o estereotipo de muller responsable única dos coidados familiares.


Por unha banda a concesión do undécimo premio Clara Campoamor a un home consideramos que é un desacerto total, sen entrar a valorar os méritos profesionais desta figura, cremos que este premio creouse precisamente para recuperar e visibilizar figuras de mulleres que lembren que as mulleres tamén existimos e que sirvan de modelo para a nosa infancia na proxección dos seus sonos de futuro. O nomeamento dun home para este premio esquece o que realmente está pasando coas mulleres nestes intres, no que estamos a sufrir o maior retroceso nos dereitos fundamentais como persoas que se ten experimentado en moitos anos, e co que comprobamos que a desigualdade crece e cada vez acentuase máis como queda demostrado nos asasinatos de 16 mulleres no que levamos de ano e o incremento dos estereotipos do machismo e patriarcado que se atopan na sociedade, e na consolidación da brecha salarial entre homes e mulleres.
E por outra consideramos que o programa presentado pola citada Concellería para a celebración do día 8 de marzo “Día Internacional da muller traballadora”  é un programa que carece do máis mínimo fundamento para representar a situación da muller traballadora, pois  en lugar de facer mención a feitos como que as mulleres gañamos un 20 % menos que os homes, que a maior porcentaxe de paro é feminino, que os contratos das mulleres son maioritariamente a tempo parcial e de corta duración, a falta de medidas para a conciliación laboral e familiar, que a pobreza cébase especialmente coas mulleres que viven soas e con familiares e fillos ao seu cargo, o que fai é organizar actividades lúdico deportivas que nada fan por representar a realidade discriminatoria que estamos a vivir, nunha evidente estratexia de despiste para obviar o que de verdade pasa e que tras séculos de loita seguimos sendo cidadáns de segunda, e que as políticas de recortes do goberno do PP están a eliminar dos orzamentos municipais e estatais os programas de prevención da violencia de xénero e axuda a mulleres vítimas de violencia.
O deporte esta ben, pero non é este o momento de reivindicalo como unha estratexia ou recurso de empoderamento das mulleres, e será unha ferramenta que non servirá de nada se non temos unhas garantías de poder ser nos, de poder saír a rúa en liberdade, sen medo a morrer ou a ser violadas, de ter un traballo digno, as mulleres continuamos na desigualdade.
Ourense,  8 de marzo de 2017

domingo, 20 de noviembre de 2016

CONMEMORACIÓN DOS 12 ANOS DA PUBLICACIÓN DA LEI CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA E O 25 NOV. DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN VIOLENCIA MACHISTA.

Para conmemorar os 12 anos da publicación da Lei contra a Violencia Machista e o día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres a Plataforma Feminista Galega de Ourense e a Asociación de Mulleres Feministas Falando Nos, convocamos os seguintes actos:  

Día 23 de novembro ás 20 h. – No Ateneo de Ourense. Conferencia coas avogadas Victoria Diéguez Guerrero e Paula Gómez Justo.

Día 25 de novembro ás 20 h. – Fronte a Subdelegación do Goberno unha Concentración en conmemoración do DÍA INTERNACIÓN PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

          
TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA!
Esperámosvos.

viernes, 23 de septiembre de 2016

As asociacións feministas de Ourense convocan unha concentración o día 23 setembro, DIA INTERNACIONAL CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL E O TRÁFICO DE MULLERES, NENAS E NENOS



A ESCRAVITUDE DO SÉCULO XXI

Hoxe, 23 de setembro, Día Internacional contra a explotación sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos, a asociación Feminista Falando Nós e a Plataforma Feminista Galega, DENUNCIA a necesidade de visibilizar e ACTUAR contra esta grave violación dos Dereitos Humanos.
A Conferencia Mundial da Coalición Contra o Trafico de Persoas en coordinación coa Conferencia de Mulleres ( Bangladesh, 1999) establece o 23 de setembro como Día Internacional contra a Explotación Sexual e Trafico de mulleres, nenas e nenos en conmemoración da lei 9.143 (Argentina, 1913) primeira norma legal no mundo contra a prostitución infantil.
A trata constitúe o segundo negocio ilícito máis lucrativo do mundo despois do tráfico de droga, reportando aos tratantes 32.000 millóns de euros anuais. Este delito da delincuencia organizada transnacional afecta ao dereito á vida, á integridade física e psíquica, á seguridade, á liberdade e á dignidade de millóns de mulleres e nenas.
A trata representa unha clara manifestación das relacións asimétricas entre homes e mulleres, polo tanto, a trata non é neutral en termos de xénero. Nacións Unidas estima que entre catro e cinco millóns de persoas son vendidas anualmente vítimas da trata, sendo o 80% mulleres e nenas, e destas o 95% son vítimas da explotación sexual.Datos oficiais afirman que a idade das mulleres recrutadas para a explotación sexual está sendo cada vez máis temperá, xa que o 48% das mulleres obrigadas a prostituírse teñen menos de dezaoito anos, o que significa, que se incrementou a demanda de menores de idade por parte dos homes prostituíntes.
España representa o terceiro país do mundo por detrás de Tailandia e Porto Rico en consumo de prostitución e sitúase como o segundo país da Unión Europea despois de Italia con máis casos de trata de mulleres con fins de explotación sexual. Estímase que este delito move no Estado Español 3.7000 millóns de euros anuais (el 0,35% del PIB) de ganancias para as mafias e proxenetas.
É hora de que como sociedade poñamos o foco sobre os prostituintes, sobre aqueles que pagan polos corpos das mulleres. Para eles o sexo non é o máis importante. É a relación de poder a que conta. Aqueles que son incapaces de relacionase ou que gozan posuíndo e dominando as mulleres.
AS PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA e FALANDO NOS reinvindicamos:

1. O compromiso dos Estados na creación de medidas, mecanismos normativos e institucionais efectivos na loita contra a prostitución.

2. A necesidade dunha Lei Orgánica Integral contra a trata de mulleres, nenas e nenos con fins de explotación sexual no Estado Español.

3. A creación e desenvolvemento de programas de intervención e prevención que actúen
sobre a raíz da trata con fins de explotación sexual: a demanda masculina de sexo de
pago.

4. Ao igual que a lei abolicionista sueca, criminalizar aos prostituintes, incorporando a
demanda de prostitución como delito dentro do Código Penal.

5. O desenvolvemento de protocolos de detección, identificación e protección das
mulleres, nenas e nenos vítimas da trata; e a formación continuada dos profesionais.

6. O compromiso de asistencia integral á mulleres, nenas e nenos vítimas da trata.

7. A instauración da educación para a igualdade e a educación afectivo-sexual como
materia obrigatoria para a formación das novas xeracións.

8. A implicación da sociedade civil a través de campañas de sensibilización e
concienciación na loita contra a trata de persoas.

9. Instar aos medios de comunicación e empresas editoriais a eliminar a publicidade
prostituinte.

“TODAS TEMOS UN PAPEL NA LOITA CONTRA A ESCRAVITUDE DO SÉCULO XXI”
ACTÚA.

sábado, 30 de julio de 2016

30 XULLO - DÍA MUNCIAL CONTRA A TRATA DE PERSOAS



O día 30 de xullo, conmemórase o DÍA MUNDIAL CONTRA A TRATA DE PERSOAS, o Foro Feminista Falando Nos de Ourense, rexeita a trata de persoas, pois é una violación dos dereitos humanos e a escravitude do século XXI.
As mulleres e as nenas son as principais vítimas desta trata, pois son secuestradas, vendidas, roubadas, para poder ser utilizadas na explotación sexual.
Os informes da Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito, indican :
Anos:
2003-2006 – dous de cada tres vítimas eran mulleres.
2007-2010 -  entre o 55 e o 60 % das vítimas corresponden a mulleres , pero isto no é síntoma de mellora, pois esta diminución de mulleres se contrarresto co aumento do número de nenas vítimas da trata de persoas que chegaron a ser entre o 15 e o 20 % do total das vítimas. Concretamente en África e Oriente Medio a porcentaxe de nenas neste período é dun 68 %.
Isto demostra que aínda que estamos no século XXI, a liberdade non existe, e son os gobernos os que teñen o poder de abolir a escravitude das persoas e das mulleres e nenas que sofren a trata para a explotación sexual.
¡ABOLICIÓN DA PROSTITUCIÓN!
¡NON A TRATA DE PERSOAS!

domingo, 12 de junio de 2016

OUTRAS AGRESIÓNS



As mulleres estamos sufrindo agresións, pero non solo agresións físicas, existen outras nas que no somos tocadas fisicamente, así o expresa a escritora deste artigo.