sábado, 21 de mayo de 2016

ESTRENO EN OURENSE DO DOCUMENTAL DE MABEL LOZANO “CHICAS NUEVAS 24 HORAS” SOBRE A TRATA DE MULLERES E NENAS






ESTRENO EN OURENSE DO DOCUMENTAL DE MABEL LOZANO “CHICAS NUEVAS 24 HORAS” SOBRE A TRATA DE MULLERES E NENAS

[OURENSE, 20 de maio de 2016] O Foro Feminista Falando Nós, presentou onte en Ourense o documental sobre a trata de mulleres e nenas “Chicas nuevas 24 horas” para o que contou coa presenza da directora Mabel Lozano.

A proxección en colaboración co Cineclube Padre Feijóo, foi na biblioteca pública de Ourense na que posteriormente tivo lugar un longo coloquio sobre a trata, neste caso de mulleres e nenas e como este delito non está a ser abordado con todos os medios necesarios por parte da administración.

A experiencia documentada, recolle testemuñas de cinco países Paraguay, Argentina, Brasil, Perú e España.

A explotación e excravitude á que se ven sometidas as mulleres en clubes e bares, retidas contra a súa vontade e padecendo abusos e humillacións entra en conflicto cos dereitos humanos. O coñecemento desta situación de consumo de “sexo de pago” é consciente, mais non se activan as medidas suficientes para frenar o delito, a sociedade e a administración se escudan nunha sorte de regularización da situación de explotación para limpar conciencias mentras se permite que proxenetas se beneficien coa imposición da propiedade sobre mulleres e nenas prostituidas.

A demanda deste tipo de abusos, sitúa a España no terceiro lugar de países de maior consumo de prostitución, só detrás de Tailandia e Puerto Rico, datos recollidos do informe da ONU “Trata de personas hacia Europa con fines de exploración sexual" pola Asocacion de Prevención, Reinserción e Atención á Muller Prostituída (APRAMP) da que contamos tamén coa presenza da súa coordinadora Rocio Mora, que fixo fincapé na necesidade de dar visibilidade a este tema, "normalmente o consumo de prostitución por homes tanto mozos como adultos, esta asociado ao ocio, é unha cuestión de educación".

Tanto Rocío como Mabel, reinvidicaban a acción necesaria para rematar cunha lacra que move máis de 35.000 millóns de euros ao ano. A educación en igualdade é un factor tan importnte como neceario, pero tamén a denuncia e a penalización do consumidor que é cómplice e fomenta a explotación e situación de escravitude na que viven estas mulleres. Está demostrado que nos países que se regularizou a explotación, esta non diminuiu, é máis legalizou unha situación de vulneración de dereitos humanos en beneficio dos explotadores.

Por todo isto, dende O Foro Falando Nós, consideramos que a prostitución non entende de regularización, porque non se pode legalizar unha situación de exploración baseándose no recoñecemento exclusivo dunha situación laboral obviando a situación de escravitude e falta de libertade na que se atopan as mulleres prostituídas. 
 Mabel Lozano e Rocio Mora con integrantes do Foro Falando Nos
Rocio Mora e Mabel Lozano  no coloquio despois da proxección


No hay comentarios:

Publicar un comentario