ESTRENO EN OURENSE DO
DOCUMENTAL DE MABEL LOZANO “CHICAS NUEVAS 24 HORAS” SOBRE A TRATA DE MULLERES E
NENAS
[OURENSE, 20 de maio de
2016] O Foro Feminista Falando Nós, presentou onte en Ourense o documental
sobre a trata de mulleres e nenas “Chicas nuevas 24 horas” para o que contou
coa presenza da directora Mabel Lozano.
A proxección en colaboración co Cineclube Padre Feijóo, foi na
biblioteca pública de Ourense na que posteriormente tivo lugar un longo
coloquio sobre a trata, neste caso de mulleres e nenas e como este delito non
está a ser abordado con todos os medios necesarios por parte da administración.
A experiencia documentada, recolle testemuñas de cinco países
Paraguay, Argentina, Brasil, Perú e España.
A explotación e excravitude á que se ven sometidas as
mulleres en clubes e bares, retidas contra a súa vontade e padecendo abusos e
humillacións entra en conflicto cos dereitos humanos. O coñecemento desta
situación de consumo de “sexo de pago” é consciente, mais non se activan as
medidas suficientes para frenar o delito, a sociedade e a administración se
escudan nunha sorte de regularización da situación de explotación para limpar
conciencias mentras se permite que proxenetas se beneficien coa imposición da
propiedade sobre mulleres e nenas prostituidas.
A demanda deste tipo de abusos, sitúa a España no terceiro
lugar de países de maior consumo de prostitución, só detrás de Tailandia e
Puerto Rico, datos recollidos do informe da ONU “Trata de personas hacia Europa con fines de exploración sexual" pola Asocacion de Prevención, Reinserción e Atención á Muller Prostituída (APRAMP) da que contamos tamén coa presenza da súa coordinadora Rocio Mora, que fixo fincapé na necesidade de dar visibilidade a este tema, "normalmente o consumo de prostitución por homes tanto mozos como adultos, esta asociado ao ocio, é unha cuestión de educación".
Tanto Rocío como Mabel, reinvidicaban a acción necesaria para rematar cunha lacra que move máis de 35.000 millóns de euros ao ano. A educación en igualdade é un factor tan importnte como neceario, pero tamén a denuncia e a penalización do consumidor que é cómplice e fomenta a explotación e situación de escravitude na que viven estas mulleres. Está demostrado que nos países que se regularizou a explotación, esta non diminuiu, é máis legalizou unha situación de vulneración de dereitos humanos en beneficio dos explotadores.
Por todo isto, dende O Foro Falando Nós, consideramos que a prostitución non entende de regularización, porque non se pode legalizar unha situación de exploración baseándose no recoñecemento exclusivo dunha situación laboral obviando a situación de escravitude e falta de libertade na que se atopan as mulleres prostituídas.
Mabel Lozano e Rocio Mora con integrantes do Foro Falando Nos
Rocio Mora e Mabel Lozano no coloquio despois da proxección