domingo, 20 de noviembre de 2016

CONMEMORACIÓN DOS 12 ANOS DA PUBLICACIÓN DA LEI CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA E O 25 NOV. DIA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN VIOLENCIA MACHISTA.

Para conmemorar os 12 anos da publicación da Lei contra a Violencia Machista e o día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres a Plataforma Feminista Galega de Ourense e a Asociación de Mulleres Feministas Falando Nos, convocamos os seguintes actos:  

Día 23 de novembro ás 20 h. – No Ateneo de Ourense. Conferencia coas avogadas Victoria Diéguez Guerrero e Paula Gómez Justo.

Día 25 de novembro ás 20 h. – Fronte a Subdelegación do Goberno unha Concentración en conmemoración do DÍA INTERNACIÓN PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

          
TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA!
Esperámosvos.

viernes, 23 de septiembre de 2016

As asociacións feministas de Ourense convocan unha concentración o día 23 setembro, DIA INTERNACIONAL CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL E O TRÁFICO DE MULLERES, NENAS E NENOS



A ESCRAVITUDE DO SÉCULO XXI

Hoxe, 23 de setembro, Día Internacional contra a explotación sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos, a asociación Feminista Falando Nós e a Plataforma Feminista Galega, DENUNCIA a necesidade de visibilizar e ACTUAR contra esta grave violación dos Dereitos Humanos.
A Conferencia Mundial da Coalición Contra o Trafico de Persoas en coordinación coa Conferencia de Mulleres ( Bangladesh, 1999) establece o 23 de setembro como Día Internacional contra a Explotación Sexual e Trafico de mulleres, nenas e nenos en conmemoración da lei 9.143 (Argentina, 1913) primeira norma legal no mundo contra a prostitución infantil.
A trata constitúe o segundo negocio ilícito máis lucrativo do mundo despois do tráfico de droga, reportando aos tratantes 32.000 millóns de euros anuais. Este delito da delincuencia organizada transnacional afecta ao dereito á vida, á integridade física e psíquica, á seguridade, á liberdade e á dignidade de millóns de mulleres e nenas.
A trata representa unha clara manifestación das relacións asimétricas entre homes e mulleres, polo tanto, a trata non é neutral en termos de xénero. Nacións Unidas estima que entre catro e cinco millóns de persoas son vendidas anualmente vítimas da trata, sendo o 80% mulleres e nenas, e destas o 95% son vítimas da explotación sexual.Datos oficiais afirman que a idade das mulleres recrutadas para a explotación sexual está sendo cada vez máis temperá, xa que o 48% das mulleres obrigadas a prostituírse teñen menos de dezaoito anos, o que significa, que se incrementou a demanda de menores de idade por parte dos homes prostituíntes.
España representa o terceiro país do mundo por detrás de Tailandia e Porto Rico en consumo de prostitución e sitúase como o segundo país da Unión Europea despois de Italia con máis casos de trata de mulleres con fins de explotación sexual. Estímase que este delito move no Estado Español 3.7000 millóns de euros anuais (el 0,35% del PIB) de ganancias para as mafias e proxenetas.
É hora de que como sociedade poñamos o foco sobre os prostituintes, sobre aqueles que pagan polos corpos das mulleres. Para eles o sexo non é o máis importante. É a relación de poder a que conta. Aqueles que son incapaces de relacionase ou que gozan posuíndo e dominando as mulleres.
AS PLATAFORMA FEMINISTA GALEGA e FALANDO NOS reinvindicamos:

1. O compromiso dos Estados na creación de medidas, mecanismos normativos e institucionais efectivos na loita contra a prostitución.

2. A necesidade dunha Lei Orgánica Integral contra a trata de mulleres, nenas e nenos con fins de explotación sexual no Estado Español.

3. A creación e desenvolvemento de programas de intervención e prevención que actúen
sobre a raíz da trata con fins de explotación sexual: a demanda masculina de sexo de
pago.

4. Ao igual que a lei abolicionista sueca, criminalizar aos prostituintes, incorporando a
demanda de prostitución como delito dentro do Código Penal.

5. O desenvolvemento de protocolos de detección, identificación e protección das
mulleres, nenas e nenos vítimas da trata; e a formación continuada dos profesionais.

6. O compromiso de asistencia integral á mulleres, nenas e nenos vítimas da trata.

7. A instauración da educación para a igualdade e a educación afectivo-sexual como
materia obrigatoria para a formación das novas xeracións.

8. A implicación da sociedade civil a través de campañas de sensibilización e
concienciación na loita contra a trata de persoas.

9. Instar aos medios de comunicación e empresas editoriais a eliminar a publicidade
prostituinte.

“TODAS TEMOS UN PAPEL NA LOITA CONTRA A ESCRAVITUDE DO SÉCULO XXI”
ACTÚA.

sábado, 30 de julio de 2016

30 XULLO - DÍA MUNCIAL CONTRA A TRATA DE PERSOAS



O día 30 de xullo, conmemórase o DÍA MUNDIAL CONTRA A TRATA DE PERSOAS, o Foro Feminista Falando Nos de Ourense, rexeita a trata de persoas, pois é una violación dos dereitos humanos e a escravitude do século XXI.
As mulleres e as nenas son as principais vítimas desta trata, pois son secuestradas, vendidas, roubadas, para poder ser utilizadas na explotación sexual.
Os informes da Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito, indican :
Anos:
2003-2006 – dous de cada tres vítimas eran mulleres.
2007-2010 -  entre o 55 e o 60 % das vítimas corresponden a mulleres , pero isto no é síntoma de mellora, pois esta diminución de mulleres se contrarresto co aumento do número de nenas vítimas da trata de persoas que chegaron a ser entre o 15 e o 20 % do total das vítimas. Concretamente en África e Oriente Medio a porcentaxe de nenas neste período é dun 68 %.
Isto demostra que aínda que estamos no século XXI, a liberdade non existe, e son os gobernos os que teñen o poder de abolir a escravitude das persoas e das mulleres e nenas que sofren a trata para a explotación sexual.
¡ABOLICIÓN DA PROSTITUCIÓN!
¡NON A TRATA DE PERSOAS!

domingo, 12 de junio de 2016

OUTRAS AGRESIÓNS



As mulleres estamos sufrindo agresións, pero non solo agresións físicas, existen outras nas que no somos tocadas fisicamente, así o expresa a escritora deste artigo.



sábado, 21 de mayo de 2016

ESTRENO EN OURENSE DO DOCUMENTAL DE MABEL LOZANO “CHICAS NUEVAS 24 HORAS” SOBRE A TRATA DE MULLERES E NENAS






ESTRENO EN OURENSE DO DOCUMENTAL DE MABEL LOZANO “CHICAS NUEVAS 24 HORAS” SOBRE A TRATA DE MULLERES E NENAS

[OURENSE, 20 de maio de 2016] O Foro Feminista Falando Nós, presentou onte en Ourense o documental sobre a trata de mulleres e nenas “Chicas nuevas 24 horas” para o que contou coa presenza da directora Mabel Lozano.

A proxección en colaboración co Cineclube Padre Feijóo, foi na biblioteca pública de Ourense na que posteriormente tivo lugar un longo coloquio sobre a trata, neste caso de mulleres e nenas e como este delito non está a ser abordado con todos os medios necesarios por parte da administración.

A experiencia documentada, recolle testemuñas de cinco países Paraguay, Argentina, Brasil, Perú e España.

A explotación e excravitude á que se ven sometidas as mulleres en clubes e bares, retidas contra a súa vontade e padecendo abusos e humillacións entra en conflicto cos dereitos humanos. O coñecemento desta situación de consumo de “sexo de pago” é consciente, mais non se activan as medidas suficientes para frenar o delito, a sociedade e a administración se escudan nunha sorte de regularización da situación de explotación para limpar conciencias mentras se permite que proxenetas se beneficien coa imposición da propiedade sobre mulleres e nenas prostituidas.

A demanda deste tipo de abusos, sitúa a España no terceiro lugar de países de maior consumo de prostitución, só detrás de Tailandia e Puerto Rico, datos recollidos do informe da ONU “Trata de personas hacia Europa con fines de exploración sexual" pola Asocacion de Prevención, Reinserción e Atención á Muller Prostituída (APRAMP) da que contamos tamén coa presenza da súa coordinadora Rocio Mora, que fixo fincapé na necesidade de dar visibilidade a este tema, "normalmente o consumo de prostitución por homes tanto mozos como adultos, esta asociado ao ocio, é unha cuestión de educación".

Tanto Rocío como Mabel, reinvidicaban a acción necesaria para rematar cunha lacra que move máis de 35.000 millóns de euros ao ano. A educación en igualdade é un factor tan importnte como neceario, pero tamén a denuncia e a penalización do consumidor que é cómplice e fomenta a explotación e situación de escravitude na que viven estas mulleres. Está demostrado que nos países que se regularizou a explotación, esta non diminuiu, é máis legalizou unha situación de vulneración de dereitos humanos en beneficio dos explotadores.

Por todo isto, dende O Foro Falando Nós, consideramos que a prostitución non entende de regularización, porque non se pode legalizar unha situación de exploración baseándose no recoñecemento exclusivo dunha situación laboral obviando a situación de escravitude e falta de libertade na que se atopan as mulleres prostituídas. 
 Mabel Lozano e Rocio Mora con integrantes do Foro Falando Nos
Rocio Mora e Mabel Lozano  no coloquio despois da proxección