Gústame pasear
polo barrio onde vivo, gústame mercar nos poucos comercios que aínda quedan,
merco e converso coa xente das tendas, as veciñas, falamos de diversas cousas e
síntome arroupada pola veciñanza que teño, penso que Ourense e unha cidade pola
que se pode ir camiñando tranquilamente. Pero o venres pasado dia 11 cando
camiñaba para ir ao traballo, vexo nunha porta do Xardín do Posio un cartel que
indica que unha rapaza que bailaba cunha amiga foi amoestada por unha muller e
le lanzaron a merda do can que estaba paseando coa súa parella, indicándolle
que era da súa cor, encarouse despois coa rapaza: tiróns de cabelos, de
pendentes, golpes e o home que acompañaba a muller finalizou dándolle unha
patada no estómago á rapaza.
Cando a rapaza
fixo a denuncia, os gardas dos cidadáns (centro saúde, policía…) e incluso a
mesma xente da rúa, dicíalle: “Que fixeches para que che fagan iso? “
Que conclusións
sacamos as mulleres, as rapazas, a veciñanza destes actos. Pensamos que os
tempos e a xente está tola, e non é iso, estes comportamentos tanto na rúa como
nos lugares onde podemos ir a pedir axuda porque a necesitamos, danse pola
falta de educación tanto nas escolas como na propia casa, e porque dáse isto?,
sinxelamente, se en lugar de que o goberno se dedique a rescatar aos bancos, se
dedicase a rescatar aos cidadáns, a que a clase traballadora teña un traballo
digno, cunha xornada laboral onde poida facer unha vida familiar correcta e uns
salarios dignos, investindo máis en educación, sanidade, servizos sociais, …,
isto non pasaría.
Axuntamos unha
gráfica que reflexa os orzamentos dos últimos anos en Igualdade e Violencia de
Xénero, esta mesma rebaixa o de máis cartos tamén se da en educación e
sanidade.
Por isto, facemos
un chamamento a veciñanza e máis concretamente as mulleres que van a exercer o
seu voto o próximo dia 20, que pensen se queren unha sociedade igualitaria sen
violencia machista, cunha educación na igualdade desde a infancia, que as
mulleres non cobren menos polo mesmo traballo que os homes, que poidamos
decidir como vivir, como traballar, como estudar, como ter unha vivenda digna,
como alimentar a nosa familia.
Nos queremos
vivir en tranquilidade, nunha sociedade xusta, igualitaria, onde a educación,
sanidade, vivenda, servizos sociais, etc…, existan de verdade.
Na nosas mans esta poder facer realidade
isto.
Foro Feminista
Falando Nos
No hay comentarios:
Publicar un comentario