martes, 15 de diciembre de 2015

REFLEXIÓN




Gústame pasear polo barrio onde vivo, gústame mercar nos poucos comercios que aínda quedan, merco e converso coa xente das tendas, as veciñas, falamos de diversas cousas e síntome arroupada pola veciñanza que teño, penso que Ourense e unha cidade pola que se pode ir camiñando tranquilamente. Pero o venres pasado dia 11 cando camiñaba para ir ao traballo, vexo nunha porta do Xardín do Posio un cartel que indica que unha rapaza que bailaba cunha amiga foi amoestada por unha muller e le lanzaron a merda do can que estaba paseando coa súa parella, indicándolle que era da súa cor, encarouse despois coa rapaza: tiróns de cabelos, de pendentes, golpes e o home que acompañaba a muller finalizou dándolle unha patada no estómago á rapaza.
Cando a rapaza fixo a denuncia, os gardas dos cidadáns (centro saúde, policía…) e incluso a mesma xente da rúa, dicíalle: “Que fixeches para que che fagan iso? “
Que conclusións sacamos as mulleres, as rapazas, a veciñanza destes actos. Pensamos que os tempos e a xente está tola, e non é iso, estes comportamentos tanto na rúa como nos lugares onde podemos ir a pedir axuda porque a necesitamos, danse pola falta de educación tanto nas escolas como na propia casa, e porque dáse isto?, sinxelamente, se en lugar de que o goberno se dedique a rescatar aos bancos, se dedicase a rescatar aos cidadáns, a que a clase traballadora teña un traballo digno, cunha xornada laboral onde poida facer unha vida familiar correcta e uns salarios dignos, investindo máis en educación, sanidade, servizos sociais, …, isto non pasaría.
Axuntamos unha gráfica que reflexa os orzamentos dos últimos anos en Igualdade e Violencia de Xénero, esta mesma rebaixa o de máis cartos tamén se da en educación e sanidade.
 

Por isto, facemos un chamamento a veciñanza e máis concretamente as mulleres que van a exercer o seu voto o próximo dia 20, que pensen se queren unha sociedade igualitaria sen violencia machista, cunha educación na igualdade desde a infancia, que as mulleres non cobren menos polo mesmo traballo que os homes, que poidamos decidir como vivir, como traballar, como estudar, como ter unha vivenda digna, como alimentar a nosa familia.
Nos queremos vivir en tranquilidade, nunha sociedade xusta, igualitaria, onde a educación, sanidade, vivenda, servizos sociais, etc…, existan de verdade.
Na nosas mans esta poder facer realidade isto.

Foro Feminista Falando Nos