Estivemos coa caravana da marcha mundial das mulleres en ourense
O pasado día 9 de outubro, na praza maior de Ourense, as mulleres recibimos
á CARAVANA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES que saíu de Turquía o pasado 8 de
marzo. Sendo o tema o papel que a muller fai na alimentación e sustentabilidade
do planeta, foron recibidas cunha alfombra onde representábase unha árbore con
corpo de muller que a través dos brazos e do peiteado emerxe unha frondosidade
de follas e froitos que son o sustento do mundo, sen perder o contacto coa
natureza.
Despois dun xantar solidario, cunha comida feita por compañeiras da marcha,
tivo lugar na praza de abastos unha feira e intercambio de sementes e despois
un concerto con petisos no Café Pobo.
O seguinte día saíron dirección a Vigo para continuar a viaxe, hoxe aínda están
e despois continuaran a viaxe que finalizará en Lisboa cunha gran festa do 15
ao 17 de outubro. Dende o Foro Feminista Falando Nos, desexamos unha feliz viaxe as compañeiras.
Foro Feminista Falando Nos séntese totalmente adherido e solidario coa
Marcha Mundial das mulleres na súa labor contra a pobreza, violencia de xénero,
a desigualdade e discriminacións que sofren as mulleres de todos os pobos, por
isto quere continuar traballando xunto coa Marcha pola unidade das mulleres.
Pola unidade das Mulleres!
No hay comentarios:
Publicar un comentario