domingo, 11 de octubre de 2015


Estivemos coa caravana da marcha mundial das mulleres en ourense



O pasado día 9 de outubro, na praza maior de Ourense, as mulleres recibimos á CARAVANA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES que saíu de Turquía o pasado 8 de marzo. Sendo o tema o papel que a muller fai na alimentación e sustentabilidade do planeta, foron recibidas cunha alfombra onde representábase unha árbore con corpo de muller que a través dos brazos e do peiteado emerxe unha frondosidade de follas e froitos que son o sustento do mundo, sen perder o contacto coa natureza.
Despois dun xantar solidario, cunha comida feita por compañeiras da marcha, tivo lugar na praza de abastos unha feira e intercambio de sementes e despois un concerto con petisos no Café Pobo.
O seguinte día saíron dirección a Vigo para continuar a viaxe, hoxe aínda están e despois continuaran a viaxe que finalizará en Lisboa cunha gran festa do 15 ao 17 de outubro.  Dende o Foro Feminista Falando Nos, desexamos unha feliz viaxe as compañeiras.
Foro Feminista Falando Nos séntese totalmente adherido e solidario coa Marcha Mundial das mulleres na súa labor contra a pobreza, violencia de xénero, a desigualdade e discriminacións que sofren as mulleres de todos os pobos, por isto quere continuar traballando xunto coa Marcha pola unidade das mulleres.
Pola unidade das Mulleres!






sábado, 3 de octubre de 2015


A IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres que esta a ter lugar de xeito simultáneo en todo o mundo ten na Europa forma de Caravana Feminista. Con saída o 8 de marzo do Kurdistán e peche o 17 de Outubro en Lisboa chegará a Galiza o vindeiro 5 de outubro para facer un percorrido que a traerá a Ourense o 8 e 9 de outubro cunha chea de actividades ás que vos queremos convidar a participar. 

Para favorecer a organización e participación colocamos ao voso dispor un FORMULARIO co fin de procurar transporte colectivo para as actividades e xestionar os xantares colectivos entre as diferentes actividades. https://docs.google.com/forms/d/1g4WNMZKW9YHqHtFZVJ4p4KFrsSwA0pcRYRdDfMTraCA/viewform

Non é necesario inscribirse para as actividades mas si para o xantar e o transporte coa Caravana.

En sororiedade feminista.
Agradecemos difusión! 



Os nosos corpos, os nosos territorios, libres de agresións, libres de imposicións.