O machismo esta presente na nosa sociedade en todos os ámbitos da vida, tamén no ocio e no lecer, e con festa e reivindicación queremos desmontar todas esas letras tan habituais que moitas veces escoitamos e nas que non sempre reparamos na profundidade das súas implicacións na construción da discriminación contra ás mulleres.
Anímate ti ou colle un grupo de amig@s e vide pór de volta e media as letras que perpetúan o amor romántico, a violencia ou o desprecio ás mulleres.
O mércores 30 de xullo, a partir das 22.00h na Praza de San Marcial.
Máis info ou inscripcións antes do 28 de xullo en ourense@feminismo.info
Bases para participar:
- A participación pode ser individual ou coletiva
- Máximo de 3 cantigas por participante(s)
- Obxetivo: denunciar mediante o ridiculismo as cantigas patriarcais da música que máis soa na atualidade.
- Estilo libre: decorado, vestiario, atrezzo, playback (pero podes cantar se te animas!).
- Letra íntegra non modificada
- Prazo para anotarse 28 de xullo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario