A MMM como organización convocante e partícipante da campaña
POR UNHA VIDA SEN VIOLENCIA. POR ISABEL FUENTES. POR TODAS.
Convidámoste a asinar nesta
páxina para dar o teu apoio á presentación da reclamación e denuncia ás
administracións pola desprotección que sufrimos as mulleres fronte á
violencia machista.
O 8 de maio asasinaban no CHOU a Isabel Fuentes, veciña de Verín que se
atopaba ingresada en Ourense dende o 3 de abril por mor dunha agresión
previa atribuída nun primeiro momento a un ataque na súa vivenda e que a
mantiña inconsciente. O 8 de maio o seu marido, Aniceto Rodríguez,
asasinouna nun hospital público rematando co que, agora xa o sabemos,
iniciara un mes antes facendo pasar por un ataque ao fogar o que fóra
unha agresión machista.
Isabel
Fuentes converteuse así na primeira vítima mortal do feminicidio en
Galiza no 2015 e nun símbolo tráxico de todo o que funciona mal no
sistema en relación á protección das mulleres que sofren violencia
machista. Non se adoptaron medidas cautelares de protección polo que o
seu marido puido entrar na habitación e matala. Foi asasinada pola súa
parella, polo mero feito de ser muller, mais tamén como consecuencia da
ineficacia duns poderes públicos que non a protexeron.
Os
protocolos e mecanismos de protección das mulleres agredidas fallaron.
Ante as sospeitas dos axentes policiais de que se tratase dun caso de
violencia machista tendo ao marido como principal sospeitoso tal e como o
trasladaron á xuíza pedindo incluso o traslado de Isabel Fuentes a
dependencias médicas vixiadas con visitas restrinxidas en todo o momento
a resposta da xuíza foi que non se contaba con ‘indicios firmes,
testemuñas, antecedentes de violencia ou mala relación entre os esposos’
e que se trataba de ‘meras conclusións fundadas en conxecturas ás que
chegaron os axentes encargados da investigación pero de todo punto
insuficientes’.
É
inexplicábel que a xustiza ignore a complexidade dos casos de violencia
machista onde os ‘antecedentes de violencia ou mala relación entre
esposos’ en moitas ocasións só poden coñecerse cando a vítima se decide a
denunciar a violencia que sufre, tantas veces silenciada socialmente e
vivida dende unha culpabilidade que a invisibiliza. En ocasións nunca se
coñece ata que a vítima é asasinada.
As
explicacións públicas que coñecemos, fundadas en que a experiencia e a
petición dos axentes policiais son meras ‘conxecturas’ sitúanos a todas
no campo da desprotección fronte ás agresións onde non só se cuestiona o
relato das mulleres que sofren violencia senón mesmo o de aqueles que
detectan e denuncian que se trata dun caso de agresión machista. A
consecuencia desta desprotección no caso de Isabel Fuentes foi o seu
asasinato nun espazo onde debera estar protexida polas institucións e a
xustiza e onde ficou, coma xa o estaba antes no fogar, soa ante o seu
agresor.
Ante
esta situación dende Ourense un grupo de mulleres comprometidas na
loita polo dereito das mulleres a vivirmos sen violencia decidimos dar o
paso de iniciar unha campaña de denuncia ante o poder xudicial e o
Estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes, que é a
desprotección que sufrimos todas cando somos agredidas, e que en
ocasións, demasiadas, acaba coas nosas vidas.
Nós,
mulleres agredidas por unha sociedade machista, reclamamos ao poder
xudicial e ao Estado a responsabilidade de non ter actuado para protexer
a Isabel Fuentes cando todos os indicios indicaban que estaba a sufrir
violencia machista e demandamos do poder xudicial e dos gobernos do
Estado e da Xunta de Galiza medidas efectivas de protección das mulleres
fronte ás agresións e asunción de responsabilidades por parte de quen
corresponda no caso do asasinato de Isabel Fuentes.
Asina
nesta páxina para dar o teu apoio á presentación da reclamación e
denuncia ás administracións pola desprotección que sufrimos as mulleres
fronte á violencia machista.
Por ela, por todas.
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 698159764
Coord. Compostela: 647735737
Coord. Vigo: 698159764
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 698159764
Coord. Compostela: 647735737
Coord. Vigo: 698159764
'As mulleres decidimos'
nacional@feminismo.info